Verba 1.3 é a actualización máis grande desde o lanzamento. Isto é o que trae.
A palabra do día, como notificación
Verba xa tiña un widget coa palabra do día. Agora tamén pode chegarche como notificación, unha vez ao día, á hora que escollas. Vén desactivada: actívaa en Axustes → Notificacións (Settings → Notifications). A notificación e o widget amosan sempre a mesma palabra, e ao tocala ábrese a entrada completa.
As túas propias notas en calquera palabra
Engade unha nota a calquera palabra ou verbo: un truco para lembrala, onde a escoitaches, como a di un amigo. As notas pódense buscar desde a lapela Biblioteca.
Captura rápida
Escoitas unha palabra que non coñeces? Gárdaa cun toque e completa os detalles máis tarde, cando teñas un momento.
Verbos reflexivos e pronomes de complemento
Os verbos reflexivos xa teñen táboas completas. Unha pantalla nova amosa os pronomes galegos contractos (mo, cho, llo) xunto aos seus equivalentes en castelán, para 440 verbos.
Guías de gramática renovadas
As guías ordénanse agora por nivel e por lingua, cun filtro de temas e ligazóns entre guías e entradas do dicionario.
Cambios de xénero e cambios de son
Dúas pantallas de consulta na lapela Estudo. Cambios de xénero recolle os substantivos que cambian de xénero entre o castelán e o galego, como la leche e o leite. Cambios de son amosa sete patróns que converten palabras castelás en galegas, con todas as palabras do dicionario que seguen cada un.
Cando unha palabra non está en Verba
A busca liga agora directamente coa Real Academia Galega, a Real Academia Española e Wiktionary, ou déixache gardar a palabra para máis tarde, sen saír da aplicación.
E ademais
- Mellores widgets, accións de Atallos e botóns do Centro de control.
- A lapela Dicionario permite ordenar e filtrar por categoría gramatical, e Recentes garda máis de tres palabras.
- Uns centos de palabras e verbos novos.
- Unha revisión completa de cada guía, lista e entrada do dicionario coa RAG e a RAE. Como comproba Verba o seu galego e o seu castelán explica en que consiste.
Grazas a todas as persoas que probaron a beta e me mandaron os seus comentarios.
Descarga Verba na App Store. É de balde e funciona sen conexión.