TestFlight

Únete á beta de Verba.

A versión máis recente de Verba está dispoñible a través de TestFlight, a app de Apple para probar versións preliminares. A instalación leva uns dous minutos e a beta é gratuíta, coma todo en Verba.

A beta é para quen quere as novidades en canto están listas e non lle importa algún erro de cando en vez. Vai por diante da versión da App Store: aí está a graza, e tamén o risco.

  1. 1
    Instala TestFlight. É a app da propia Apple para probar betas. Descárgaa de balde desde a App Store.
  2. 2
    Abre a invitación. No teu iPhone, abre a ligazón de invitación de abaixo e toca Aceptar.
  3. 3
    Instala Verba. Toca Instalar en TestFlight e abre Verba coma calquera outra app.

Abrir a invitación en TestFlight

Que probar

Calquera uso da app axuda, pero estes son os recunchos que máis paga a pena explorar:

Enviar comentarios

En TestFlight, abre Verba e toca Enviar comentarios beta. Tamén podes facer unha captura de pantalla dentro da app, e iOS ofrecerache enviala como comentario. Ou escribe a verba@amongthestones.com; lemos todas as mensaxes.